← Volver atrás

Polanco González, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Quiroga
(Lugo)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Funcionario, 31 anos. Solteiro. Veciño de Quiroga. Xuíz municipal de Quiroga e procurador.

Presidente de Acción Republicana (AR) en 1932 e presidente de Esquerda Republicana (ER) no ano 1935 en Quiroga.

Encarcerado.

Despois do golpe militar prendérono os franquistas sen procesamento xudicial polo delito de propaganda alarmista e auxilio a fuxidos.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 25/02/1938, puxérono en liberdade e reingresárono no depósito de Quiroga e, outra vez, na Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo por noticias propagandísticas e protección de fuxidos, na causa 375/40; deixárono en liberdade segundo resolución do día 16/05/1940.

Concédeselle a prisión atenuada o día 22/10/1940.

Procesárono no ano 1940 no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha