← Volver atrás

Pontevedra González, Peregrino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Cambados
(Pontevedra)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Forte de San Cristóbal, Pamplona
(Navarra)
- 22/05/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 34 anos. Casado; tiñan catro fillos. Veciños de Cambados.

Militante da CNT e membro do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP). No ano 1936 era concelleiro de Cambados pola coalición da Fronte Popular (FP) e pertencía a Esquerda Republicana (ER).

Encarcerado. Morte na cadea.

O día 20/07/1936 fórmase un Comité de Defensa da República que preside o alcalde José-Manuel Silva Losada e no que figuran Manuel Bugallo Martínez, Antonio Chaves del Río, Juan-José Varela Oubiña e Peregrino Pontevedra González. O Sindicato de Oficios Varios declara a folga xeral revolucionaria con requisas de armas e asaltos a domicilios; na noite deciden asaltar o cuartel da Garda Civil e morre a dona do cabo comandante do posto. O día 21 de xullo chegan forzas golpistas da Garda Civil e sufocan a resistencia.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, o día 10/12/1936, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Neste consello de guerra xulgaron a: Manuel Bugallo Martínez, mariñeiro; Antonio Chaves del Río, mariñeiro; Manuel Martínez Piñeiro; Peregrino Pontevedra González, mariñeiro; José-Manuel Silva Losada, empresario, e Juan-José Varela Oubiña, mariñeiro.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladado ao penal de San Cristóbal, onde ingresa o 16/05/1937; cadea na que se rexistra a súa morte no desenvolvemento do intento de fuga masiva deste penal; non participa no intento de fuxida, aínda que o alcanzou un tiro que rematou mortal.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha