← Volver atrás

Pousada Pérez, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Poio
(Pontevedra)
- 01/01/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cotobade
(Pontevedra)
- 28/11/1959 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Practicante e político, 44 anos. Casado con Aurora Cerviño; tiveron dous fillos e unha filla: Manuel, José e Lucrecia. Veciños de Cotobade. Nomeárono fiscal de Cotobade en decembro de 1927.

En febreiro de 1928 elixírono contador da xunta directiva da Federación Labrega de Cotobade, na que acadou a presidencia no ano 1929. Presidente do Centro Republicano de Cotobade en 1930.

Concelleiro en 1931 de Cotobade, logo tenente alcalde e, finalmente, alcalde, cargo do que dimite en decembro de 1932. Militou despois no Partido Republicano Galego (PRG), foi deputado provincial no ano 1933, cesárono neste cargo en xaneiro de 1934. Militou, co paso do tempo, en Esquerda Republicana (ER) e elixírono alcalde da súa vila en marzo de 1936, despois do triunfo da Fronte Popular (FP).

Encarcerado.

Despois do alzamento militar fascista prendérono.

Ingresárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Pontevedra na causa 474/36 por tenencia ilícita de armas.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión, na causa 146/37, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio e posto a disposición da autoridade gobernativa.

Ábreselle un expediente por responsabilidades políticas, no ano 1941, co resultado de sobresemento no ano 1944.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha