Nacemento:
Morte:
Carpinteiro e sindicalista, 35 anos. Solteiro. Veciño do Torrón, San Roque de Señorín, O Carballiño. Emigrado en Cuba, de onde o deportaron no ano 1928. Traballou na estación de ferrocarril de Monforte de Lemos (Lugo).
Acusárono de colocar explosivos na vía do tren en Monforte de Lemos e despedírono. Amnistiado despois do triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936.
Secretario da Casa do Pobo do Carballiño, prendérono en xuño de 1936 con outros seis veciños pola posesión de armas.
Fuxido. Encarcerado.
No momento do golpe militar agachouse en varios lugares (mesmo fixo un covo no seu propio cuarto, disimulado con táboas móbiles), ata que, temendo que o descubriran, foxe polos montes cara Pontevedra.
Xulgado en consello de guerra, na causa 55/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Presentouse ás autoridades franquistas en Vigo (Pontevedra) a mediados do ano 1939 e deixárono en liberdade ao non acharse reclamado.
Pouco despois o brigada da Garda Civil do Carballiño, José García Rojo, instou a súa detención, que se produce o día 20/07/1939 e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo ese mesmo día.
Xulgado en consello de guerra en Lugo con outras persoas polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1237/37, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión, con proposta de conmutación pola de 12 anos e un día de cadea, segundo resolución do día 01/06/1942.
Interno na Prisión Provincial de Lugo, concédeselle a prisión atenuada o día 14/02/1943 e puxérono en liberdade condicional provisoria o día 01/03/1943, que se publicou no BOE nº 81 do día 22/03/1943.
No mes de novembro de 1941 abríronlle un expediente de responsabilidades políticas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.