← Volver atrás

Prados Arrarte, Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Exiliado

Nacemento:

Bilbao
(Biscaia)
- 08/11/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 24/06/1983 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Profesor universitario, economista e xurista, 26 anos. Casou con María del Carmen García Lasgoity (actriz madrileña). Veciños de Madrid. Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid. Catedrático de Economía Política e Facenda Pública da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1936, non chegando a tomar posesión.

Participou na Sublevación de Jaca, do día 12/12/1930, contra a monarquía e rematou cunha condena de 30 anos de cadea.

Depurado. Exiliado.

Agochado despois do golpe de Estado, presentouse voluntario no Exército Popular da República e serviu no Estado Maior Central, baixo as ordes do xeneral Vicente Rojo Lluch.

Ao remate da guerra civil pasou a Francia, República Arxentina, Inglaterra e Estados Unidos.

Separado definitivamente do servizo. Co tempo, rehabilitárono para exercer fóra de Galicia.

Regresou no ano 1954, prendérono as autoridades franquistas e recuperou a cátedra de Economía Política na Universidade de Salamanca e logo na Universidade Complutense de Madrid.

Perseguido politicamente, marchou ao Perú e regresou a España despois da morte do ditador. No ano 1980 era militante do PSOE.

No ano 1981 era académico de número da Real Academia Española (RAE).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha