← Volver atrás

Puga Sánchez, Genaro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado. Sancionado

Nacemento:

Pontevedra
- 01/01/1890 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 09/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial, 46 anos. Veciño de Pontevedra. Era carpinteiro e propietario dun taller con comercio de mobles na rúa Real, en Pontevedra.

Paseado. Sancionado.

Fixo garda no Goberno Civil de Pontevedra nos días anteriores ao golpe militar.

Era comentario popular que construíra unha guillotina para matar a algúns dereitistas.

Asasinado polos falanxistas sen procesamento previo, o seu cadáver apareceu na madrugada do día 9 de agosto en Eirós, entre Bora e Mourente, cun tiro na caluga e moitas pinchadas no corpo, sinal de tortura. Contan os murmurios populares que as ditas torturas se motivaban en que os da Falanxe querían que descubrira onde agochaba a dita guillotina.

Rexistrado como morto en Pontevedra por mor de disparos de arma de fogo.

Ao ano seguinte, no 1937, a Comisión Provincial de Incautación de Bens instruíulle un expediente de responsabilidades civís.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha