← Volver atrás

Queiruga Allegue, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Porto do Son
(A Coruña)
- 08/10/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pasaia
(Guipúscoa)
- 06/01/1983 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro e sindicalista, 27 anos. Veciño de Pasaia. No ano 1931 comezou a traballar nas Pesquerías y Secaderos de Bacalao de España, S.A. (PYSBE), en Pasaia. Ao seu pai, José Queiruga Carou, Cascante, os golpistas aldraxárono, mallárono e obrigárono a marchar espido en procesión, con outros veciños, co cartel “Muera Rusia, arriva España”; a súa nai, Carmen Allegue Pérez, sofreu represalias e fuxiu ao monte para que non a raparan e lle deran a beber aceite de rícino; ao seu irmán Francisco Queiruga Allegue, tamén o condenaron a cadea perpetua.

Militante da CNT desde os seus anos en Porto do Son.

Encarcerado.

O mesmo día de producirse o golpe militar uniuse ás milicias republicanas da CNT de Pasaia (Donostia). Por mor dos desacordos entre os cenetistas e o lendakari José-Antonio Aguirre Lecube, foi quen de escapar cara fronte asturiana e loitou no bando republicano na Agrupación Confederal Galaica. Incorporouse á fronte no Principado de Asturias en setembro de 1936, na 3ª Compañía do 207º Batallón, ata que caeu a zona nas mans rebeldes en outubro de 1937.

Semella que se mantivo en agochos nos montes pretos a Xixón (Principado de Asturias) ata que o prenderon, con outros oito compañeiros, en xaneiro de 1938 e cando tentaban fuxir no barco Mary Eli cara a zona republicana.

Neste intento de fuga detiveron, entre outras persoas, a: Julio Fernández López; Modesto Lamelas Martínez, o Bicho, mariñeiro, de Ortigueira (A Coruña); Alfredo López Rodríguez, Pixín, mariñeiro, de Cariño (A Coruña); Manuel Martínez Pérez, mariñeiro, tamén de Cariño (A Coruña); José Queiruga Allegue, mariñeiro, de Porto do Son (A Coruña); Manuel Reirís Servia; Bernardo Rodríguez Rubio, mariñeiro; Antonio Santamaría Cancio e Raimundo Vigil Alonso.

Torturárono e ingresárono a primeiros dese ano 1938 na Prisión Provincial de El Cerillero, Xixón, e, co paso do tempo, no Castelo de San Felipe en Ferrol (A Coruña). Rematou a súa estadía nas cadeas na Prisión Provincial da Coruña, na que coincidiu co seu irmán Francisco e con outros veciños.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, deixárono en liberdade condicional provisoria o día 12/12/1942, que se publicou no BOE nº 11 do día 11/01/1943.

Ao saír da cadea casou en Porto do Son con Ana-María Fernández García, Maruxa; tiveron tres fillos e unha filla: José, María del Carmen, Abelardo e Venancio.

No ano 1955 trasladouse coa súa familia a Trintxerpe, Pasaia.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.