← Volver atrás

Quintanilla Fernández, Cipriano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Exiliado

Nacemento:

A Coruña
(A Coruña)
- 29/06/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Veracruz
(México)
- 01/01/1992 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Auxiliar de enfermería, 31 anos. Veciño da Coruña. Titulado na Universidade de Santiago de Compostela en 1927 como Auxiliar de Cirurxía, Medicina e Partos. Traballou como practicante na beneficencia municipal coruñesa e na CAMPSA.

Militante da UXT e do Partido Sindicalista (PS).

Depurado. Exiliado.

Despois do golpe de Estado depurárono como traballador da beneficencia. A proposta do inspector provincial de Sanidade, destituíuno o alcalde Fuciños o día 05/09/1936.

En novembro de 1936 afiliouse á Falanxe, embarcárono e desertou na Habana (Cuba). Trasladouse á zona republicana de Valencia e prestou servizos na Sanidade da 31ª Brigada Mixta; co tempo pasou á Aviación republicana e acadou o grao de tenente practicante.

O día 07/03/1939 cruzou a fronteira cara Francia, país no que pasou polos campos de refuxiados de Argelès-sur-Mer e Gurs.

O día 12/06/1939 embarcou no buque Ipanema rumbo a México; chegou a Veracruz o 07/07/1939.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha