Nacemento:
Morte:
Investigador e xornalista, 36 anos. Casou con Aida Lorenzo Rodríguez; tiveron catro fillos: Domingo, Antonio, Ricardo e Héctor. Veciños de Noia (A Coruña). Estudou sete anos no Seminario de Santiago de Compostela (A Coruña), que abandonou para emigrar. Entre 1920 e 1930 estivo en Estados Unidos, México e Cuba, traballando como redactor de Eco de Galicia, Heraldo de Galicia e El País. No ano 1933, xa en España, aprobou as oposicións de administrativo e en 1936 tiña o seu destino na Axudantía de Mariña de Noia.
No ano 1929 fundou Alianza Republicana Española (ARE) en Cuba.
Despois de que regresou a Galicia no ano 1930 traballou en El Noroeste, La Voz de Galicia e Industrias Pesqueras e foi correspondente de xornais cubanos.
Militou no PSOE, no Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) e en Unión Republicana (UR). Pertenceu ás Irmandades da Fala.
Masón da loxa Pensamiento y Acción nº 11.
Encarcerado. Exiliado. Depurado.
Despois do golpe de Estado refuxiouse en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), onde o prenderon os franquistas o 27/08/1936 por pertenza á masonería.
Xulgado en consello de guerra na Coruña e condenado á cadea. Pasou case que tres anos na Prisión Provincial da Coruña, ata decembro de 1941. Na cadea escribiu as súas memorias, Un masón en la hoguera.
En maio de 1938 cesárono como auxiliar da Mariña Civil.
Despois da guerra civil, no ano 1940, xulgouno o Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo, que o inhabilitou de xeito absoluto.
Exiliouse en Cuba.
Experto mundial en recursos pesqueiros, traballou para na Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO).
Foi membro correspondente da Real Academia Galega (RAG) desde xullo de 1955.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.