← Volver atrás

Ramallo Gómez, Benito

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado. Depurado

Nacemento:

Noia
(A Coruña)
- 17/02/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 15/11/1972 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 35 anos. Casou con María del Carmen Iglesias Moreno; tiveron dous fillos: José-Luis e Manuel-María. Veciños de Baiona (Pontevedra). Mestre nacional de Baiona. Presidente do Consello Local de Primeira Ensinanza e mestre na súa localidade. Participou nas Misións Pedagóxicas republicanas.

Secretario do Liceo Marítimo de Baiona na II República.

Concelleiro de Baiona, primeiro tenente de alcalde e nomeado alcalde en xuño de 1936, de xeito interino, despois da dimisión de Manuel Gogoy Agrelo, quen dimitira por motivos persoais.

Procesado. Depurado.

Cesárono os franquistas en agosto de 1936.

Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) polo delito de rebelión militar, na causa 1369/36, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio.

Separado do servizo e dado de baixa na escala de mestres o día 11/05/1940.

Ábreselle un expediente de responsabilidades políticas en agosto de 1941, que sobreseron por carecer de bens da súa propiedade.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha