← Volver atrás

Ramonde Baliño, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Executado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/08/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Valladolid
(Valladolid)
- 13/04/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariño, 33 anos. Casado con Teodora Blanco Gregorio (Benavente, Zamora). Fillo de Juan Ramonde e de Francisca Baliño. Veciño da rúa Becerra Armestos, 54, en Ferrol. Ingresou na Armada no ano 1919. Na data do 17/12/1932 era 2º maquinista; no ano 1936 tiña o número 13 neste Escalafón. En xullo de 1936 era alumno da Academia de Maquinistas.

Pertenceu á loxa masónica Breogán nº 16 de Ferrol. Retractouse da masonería o día 24/28/1936.

Encarcerado. Executado.

Cando se produce o golpe de Estado estaba de permiso en Benavente, de onde era a súa dona. Unha Orde dos sublevados, do 14/09/1936, enviouno como dispoñible gobernativo a Béjar (Salamanca) e outra, do 25/01/1937, retirouno con pensión pero sen uniforme.

O día 17/01/1937 internárono na Prisión Provincial de Salamanca e, o 20/02/1937, trasladárono a Prisión Provincial de Valladolid.

Nalgunhas fontes aparece Valiño como o seu segundo apelido.

Xulgado en consello de guerra en Valladolid polo delito de rebelión militar, na causa 1051/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas en Valladolid o día 13 de abril de 1937.

Xulgárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

No ano 1940 procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha