Nacemento:
Morte:
Mineiro e sindicalista, 25 anos. Casado con Luisa Penalta; tiveron unha filla. Veciños de Carboeiro, Santiago de Fontao.
Secretario do Sindicato de Obreiros das Minas de Estaño.
Encarcerado.
Os franquistas prendérono o día 23/07/1936.
Acusárono de patrullar armado en Vila de Cruces, con outras persoas, nos momentos iniciais do golpe militar fascista. Estas patrullas eran legais xa que as ordenara o gobernador civil para controlar a orde pública.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 09/01/1937, polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Procesárono con outras 18 persoas de San Xoán de Carbia, no seu mesmo concello.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Trasladárono ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 16/05/1937 e participa no intento de fuga masiva do día 22/05/1938; capturárono os requetés e os carabineiros en Txaraka-Olabe e reingresárono no dito penal o seguinte día 23.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.
Posto en liberdade o día 17/09/1940, regresou a Fontao e alí morreu a consecuencia dos padecementos polos que pasou na cadea.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.