← Volver atrás

Refojo Mariño, Luis

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor. Morte en enfrontamento

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

Sabarís, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona
(Pontevedra)
- 15/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Garda xurado. Veciño de Sabarís.

Falanxista. Segundo algunhas testemuñas "Luis Refojo era malo como la sarna". Significado represor e asasino.

Represor. Morte en enfrontamento.

Morto dun tiro en Sabarís, nunha tentativa de asalto para a captura dos irmáns Luis López Luis e José López Luis, os Ineses, operativo que dirixía o cabo da Garda Civil Manuel González Pena, sinalado polos veciños como “un sen vergoña, un abusón de mulleres”. Despois da súa morte no enfrontamento, os agochados tentaron fuxir e finaron asasinados polas forzas represoras xunto coa criada da casa onde se acubillaban, Dolores Samuelle Álvarez.

A nove persoas do Val Miñor, que sacaron da prisión do frontón da rúa María Berdiales, en Vigo, fusiláronas o día seguinte, 16 de outubro, un grupo de falanxistas e na represalia pola morte o día anterior deste falanxista de Sabarís, represor e asasino.

Os executados neste lugar e data foron: Manuel Aballe Domínguez, mariñeiro; Manuel Barbosa Durán, mariñeiro; Modesto Fernández Rodríguez, mariñeiro; Elías-Alejandro Gonda Alonso, labrego; Fidel Leyenda Rodríguez, mariñeiro; Manuel-Francisco Lijó Pérez, mariñeiro; Felicísimo-Antonio Pérez Pérez, mariñeiro; José Rodríguez González, mariñeiro, e Generoso Valverde Iglesias, mariñeiro.

Asasinatos rexistrados no quilómetro 58 da estrada de Pontevedra-Camposancos, na coñecida como "A volta dos nove".

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha