← Volver atrás

Río Carnota, Leandro del

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Nacemento:

Ordes
(A Coruña)
- 01/01/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Salvador de Lérez, Pontevedra
(Pontevedra)
- 16/10/1957 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Cura e político, 54 anos. Tivo dúas fillas e un fillo con Josefina Cons Castro. Ordenado cura no ano 1903; cura da parroquia de Santa Lucía, na Coruña, e destinado á parroquia do Divino Salvador de Lérez no ano 1917, onde permaneceu ata a súa morte en 1957.

Presentouse as eleccións ás Cortes Constituíntes de 1931 por Dereita Liberal Republicana (DLR), non obtivo acta de deputado.

Protector.

Despois do golpe militar protexeu a moitos fuxidos republicanos e comunistas que se agocharan no monte. Tamén fixo o posible por salvar a Víctor Moldes Carro, por petición da súa dona; Víctor finou executado o día 17/04/1937.

Durante o franquismo presidiu a Cámara Oficial Sindical Agraria de Pontevedra e foi procurador en Cortes no ano 1949.

Procurador nas Cortes polas Irmandades Sindicais de Labregos e Gandeiros, elixido en abril de 1949.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha