← Volver atrás

Río López de Ipiña, Florentino del

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

Vitoria
(Araba)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 01/01/1960 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Telegrafista e político, 34 anos. Casou en Frades (A Coruña) en 1933 con Julia Negreira Agrafojo; tiveron cinco fillas e un fillo: Julia, Emilia, Isabel, Carmen-Blanca, Rosario e Julián-Antonio. Veciños de Muros (A Coruña), onde era telegrafista. Criado en Madrid.

Era republicano das esquerdas.

Encarcerado. Depurado.

Despois do alzamento colaborou cos republicanos que fuxiron do porto de Muros, prendérono os franquistas e acusárono de non ter comunicado estas saídas de barcos con persoas republicanas.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña), o día 20/03/1937, polo delito de rebelión co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.

Pasou dous anos na cadea en Santiago de Compostela e outros dous na Prisión Provincial da Coruña, de 1936 a 1940. Saíu en liberdade vixiada no 1940.

Depurárono do seu posto de traballo en Telégrafos.

Ábreselle un expediente no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña no ano 1941.

No ano 1946 púxose á fronte da ferrería familiar despois da morte do seu sogro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha