Nacemento:
Morte:
Chofer, 23 anos. Veciño da rúa Quiroga, 25, en Betanzos. Empregado de Industrias Núñez. Fillo de Dolores Fraga Fiaño, a Ambulanta, quen tiña 42 anos.
Militante da UXT de Betanzos, sería un dos fundadores en xullo de 1931 da sociedade Unión de Obreros y Empleados de las Industrias Núñez y Trabajadores del Muelle de la Ciudad de Betanzos, adscrita á UXT.
Paseado.
Morte rexistrada en Oleiros a causa dunha hemorraxia interna.
Inscrito como descoñecido e logo identificado.
Segundo o folleto Betanzos honra a sus mártires paseárono o día 25 de agosto; no Rexistro Civil de Oleiros consta o falecemento dun descoñecido o día 27, que non identifica como Manuel. A súa familia considera que se trata del pola súa roupa, na que figuran as iniciais M.R.. Segundo esta acta o corpo apareceu na beirarrúa esquerda da estrada Pasaxe-Santa Cruz.
Rexistrado nun primeiro momento como descoñecido e logo identificado.
Soterrárono no cemiterio de Santaia de Liáns, Oleiros.
Isabel Ríos Lazcano conta no seu libro Testimonio de la Guerra Civil que, cando saíu en liberdade no ano 1943, a Ambulanta ía a Curtis (A Coruña) a vender o peixe e contoulle a súa traxedia, dicindo que o seu fillo escapara ao monte nos primeiros momentos da rebelión e que non tomara parte en política ou loita armada. A nai pedíalle cando viña pola casa, que non volvera ao monte pois nada fixera; el resistíase. Co cambio de comandante do posto da Garda Civil de Betanzos, o novo vai vela para dicirlle que o seu fillo non tiña nada que temer. Manuel déixase convencer pola súa nai e preséntase; ao día seguinte o seu corpo aparece nunha estrada. Lola dicía “¡Ay, Isabeliña!, a mi hijo lo maté yo, yo fui la causante, pues el nunca se hubiera presentado”. Semella que a Manuel, unha vez que se presentou, trasladárono á cadea da Coruña e de alí sacárono para pasealo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.