← Volver atrás

Rivas Touriño, Josefa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Nai de Manuel Ventín Rivas, Perfecto-Erundino Ventín Rivas e Olegario Ventín Rivas, fusilados polos golpistas.

Os seus fillos eran obreiros do ferrocarril. Formaba parte dunha cuadrilla de canteiros, que dirixía o seu tío Perfecto Ventín Barreiro e na que se incluían outro sobriño máis de Perfecto (asasinados con el). Traballaban nas obras do ferrocarril na zona de Puebla de Sanabria (Zamora); vivían todos xuntos nunha casa na Gudiña.

Vítima colateral.

Cando se produce o golpe de Estado regresaron os cinco familiares a Cerdedo (Pontevedra), onde lles indicaran que non lles pasaría nada ao non ter delitos de sangue. Aínda así, prendeunos a Garda Civil o día 15/09/1936 e trasladáronos á Prisión Provincial de Zamora.

Xulgados en consello de guerra en Zamora polo delito de rebelión militar, na causa 513/36, co resultado de sentenzas á pena de morte.

Neste proceso xulgaron a: Perfecto Ventín Barreiro e aos seus sobriños Ramiro Lois Ventín, 21 anos, canteiro; Manuel Ventín Rivas, 29 anos, canteiro; Olegario Ventín Rivas, 23 anos, canteiro, e Perfecto-Erundino Ventín Rivas, 27 anos, canteiro.

Aos cinco familiares fusiláronos xuntos ás 07:00 h na canteira do Suspiro.

A nai destes tres irmáns Ventín Rivas, Josefa Rivas Touriño, viaxou a Zamora a pedir clemencia para os seus fillos e a autoridade competente ofreceulle a posibilidade de escoller a un deles para salvalo da execución. A nai non puido aceptar que condenaría aos outros dous e non puido salvar a ningún.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha