Nacemento:
Morte:
Tiña 39 anos. Casou en Trasalba o día 07/11/1921 con Aurora Caride Sarmiento, veciña do Formigueiro, na mesma parroquia; tiveron catro fillos e unha filla: Manuel, Bernardino, José, Antonio e Ramona. Agustín emigrou a Cuba cando tiña 20 anos e regresou no ano 1920; fixo catro viaxes a esta illa.
Integrouse na Federación Republicana Socialista de Amoeiro no ano 1930. Agrarista e militante da UXT.
Detido durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 con, entre outras persoas, o seu cuñado Benigno González Caride.
Concelleiro de Amoeiro.
Fuxido. Exiliado.
Despois do golpe militar foxe ao monte co seu cuñado Benigno e agóchanse nos outeiros do Coto do Corvo. Diante da presión dos represores, Benigno pasa a Guadalaxara e Agustín, pouco despois, marcha cara Portugal, onde reside ata o remate da guerra civil.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.