Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 41 anos. Casado coa tamén mestra Bernarda Pereira Solla, depurada e exiliada; tiñan unha filla: Bernarda, de 12 anos. Veciños de San Xenxo de Padriñán, Sanxenxo (Pontevedra). Mestre interino en San Martiño de Figueroa, Cerdedo (Pontevedra). No ano 1926 aproba as oposicións e destinárono en 1927 a Meira (Lugo); no ano 1928 trasladárono a San Paulo de Porto, Salvaterra de Miño (Pontevedra). Mestre nacional de Padriñán desde 1933.
Organizou as Misións Pedagóxicas en Sanxenxo no ano 1932 e coordinou as de Vilalonga en maio de 1934.
Militante da UXT. Socio da Casa do Mestre de Pontevedra.
Fundador e secretario da Agrupación Socialista (AS) en Sanxenxo.
Depurado. Fuxido. Paseado. Desaparecido.
Os falanxistas acusárono de ser o organizador das “milicias marxistas armadas” que dirixira a requisa de coches e alentara aos veciños a acudir na defensa de Pontevedra.
Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo a finais de agosto de 1936.
Xulgado en dúas causas militares: a causa 832/36 e a causa 1151/36; esta última polo delito de rebelión.
No segundo destes procesos infórmase da súa morte nun intento de fuxida, o día 05/09/1936, preto de Pontevedra, nun traslado desde a Prisión Provincial pontevedresa ao cárcere de Caldas de Reis (Pontevedra).
Paseado nas aforas de Pontevedra; os represores xustificaron a súa morte pola aplicación da Lei de Fugas; o informe, coma de cote, sinala que cando o coche que o trasladaba parou por mor dunha avaría, baixou e emprendeu veloz carreira e nunca máis souberon.
A realidade semella ser outra; conducíano gardas civís, cívicos e falanxistas a Bueu (Pontevedra), con outras persoas, asasináronos e fondeáronos no mar.
Aínda diante destes feitos, xulgárono en consello de guerra co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Non se explica a súa morte no proceso militar, non figura rexistrada e non se atopou o seu corpo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.