Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 27 anos. Veciño de San Paio de Bóveda de Amoeiro, Amoeiro (Ourense). Orfo de nai, enviárono a vivir a Ourense cunha tía materna. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense e aprobou a oposición de mestres en 1928. Exerceu de mestre nacional no Rañadoiro, San Pedro de Muíños (Ourense), na Escola Anexa de Ourense e mestre de nenos en Bóveda de Amoeiro.
Sería un dos fundadores da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense (ATEO) e administrador da súa revista Escuela del Trabajo.
Era de ideoloxía radical socialista e anticlerical.
Prendérono en outubro de 1934 por inxurias ao réxime; a causa rematou sobresida pero impuxéronlle unha multa de 2000 pesetas.
Fuxido. Depurado.
Despois do golpe militar rebelde foxe.
A Comisión Depuradora de Persoal Docente someteuno a un expediente de depuración e destituírono a primeiros de agosto de 1936 por ser un dos dirixentes de ATEO.
Mantívose agochado durante 28 anos en distintos emprazamentos.
Abríronlle un expediente por responsabilidades políticas no ano 1941.
Reposto como mestre no ano 1964 en Santa María de Ferreira de Pantón, Pantón (Lugo).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.