Nacemento:
Morte:
Comerciante e político, 34 anos. Veciño de Meis.
Militante de Esquerda Republicana (ER) na súa localidade. Secretario da sociedade La Fraternidad Obrera de Labregos de Meis. No ano 1936 era o líder da Fronte Popular (FP) en Meis.
Detido en decembro de 1934 por mor da folga xeral revolucionaria de outubro co presidente da sociedade La Fraternidad José-Manuel Arribas Hermida.
Fuxido. Exiliado.
Cando se produce o golpe militar colaborou na resistencia ao movemento golpista.
Procesado na causa 305/37 e na causa 1057/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía e condenado a 12 anos e un día de cadea, que lle conmutaron por seis anos e un día.
Agochado por un tempo, coa axuda do cura de Nogueira foxe a América.
Abríronlle un expediente de responsabilidades políticas, que rematou con sentenza de sobresemento no ano 1944.
Indultárono no ano 1945.
Residiu en Bos Aires (República Arxentina) e despois pasou a Cuba, onde casou con Celestina Bruzos González; en Cuba estivo ata o ano 1959.
Regresou a Galicia e estableceuse no Mosteiro, onde se aforcou no ano 1974.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.