← Volver atrás

Rodríguez Barbeito, Joaquín

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

As Neves
(Pontevedra)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Empregado, sindicalista e político, 34 anos. Casou con Delfina Gómez González; tiveron un fillo: Manuel. Veciños de Arbo (Pontevedra). Factor do ferrocarril en Arbo.

Durante a II República presidiu a Sociedade de Oficios e Profesións Varias da súa localidade. Secretario da Casa do Pobo en Arbo.

Encarcerado.

Detido polos franquistas o día 27/09/1936; pasou polos calabozos de Arbo e pola Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza de sobresemento provisorio.

Enviado máis tarde a un batallón disciplinario de soldados traballadores (BDST), logo ao campo de concentración de San Marcos (León) e rematou na Prisión Provincial da Coruña, onde se lle concede a liberdade condicional o día 18/02/1939.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha