← Volver atrás

Rodríguez Barreiro, Urbano

Alcume: Urbaniño
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

Baiona
(Pontevedra)
- 01/01/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Baiona
- 14/08/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, 47 anos. Casado; tiñan sete fillos. Veciños de Baiona. Garda municipal do Concello de Baiona na II República. Deixara de traballar no mar por problemas de saúde.

Militante do PSOE e secretario da Casa do Pobo da súa localidade.

Encarcerado. Paseado.

Acusárono de participar dalgún xeito na resistencia aos golpistas en Baiona. Tamén informaron que era de mala conduta tanto pública como privada, socialista e, nos últimos tempos, comunista. Urbano negou todas estas acusacións e que, en todo caso, as actuacións foran por orde do alcalde.

Xulgado en proceso militar en Vigo (Pontevedra) polo delito de rebelión militar, na causa 1468/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Morte rexistrada en Baiona. O informe do rexistro do seu pasamento sinala que aparecera morto nos montes de Baíña por mor da caída dun pino. De todos os xeitos a súa causa non se arquivou ata o ano 1944.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha