← Volver atrás

Rodríguez Bermejo, Eduardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Estrada
(Pontevedra)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro e vernizador, 28 anos. Veciño de San Xiao de Guimarei, A Estrada. Irmán de Heriberto Rodríguez Bermejo e de José Rodríguez Bermejo, tamén encarcerados.

Membro das Xuventudes Comunistas (XXCC).

Encarcerado.

Os franquistas ingresárono na cadea da Estrada o día 02/09/1936.

Internárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) do 02/11/1936 ata abril de 1939. Enviárono a batallóns de traballadores no Campo de Unanumo (Xixón), Illas Canarias e Marrocos.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, en outubro de 1940, polo delito de auxilio á rebelión militar co resultado de sentenza a 12 anos e un día de cadea.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.

Deixárono en liberdade condicional en decembro de 1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha