← Volver atrás

Rodríguez Bretos, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Santa Eulalia de Limodre, Fene
(A Coruña)
- 28/07/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 27/01/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e tallista, 31 anos. Casado con Victoria Araújo; tiñan unha filla: Mabel. Veciños de Ferrol. Mariño da Armada, auxiliar de artillería, do Corpo de Condestables da Armada.

Executado.

Despois dos sucesos do Arsenal ferrolán ingresárono os rebeldes na prisión da Escollera.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol baixo a acusación de ser un dos “directores del movimiento rebelde del pasado mes de julio en el Cuartel de Brigadas de Instrucción del Arsenal” co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas ás 17:00 h na Punta do Martelo do Arsenal, en Ferrol.

O día 27 de xaneiro fusilaron a: Francisco Clement Heras, 33 anos, auxiliar naval; Ernesto Lamas González, 23 anos, mariñeiro; Santiago Muíños Ramos, 29 anos, mestre de artillería; Manuel Muñoz Otero, 33 anos, auxiliar naval, e José Rodríguez Bretos, 32 anos, auxiliar de artillería.

No ano 1940 abríronlle un expediente no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha