← Volver atrás

Rodríguez Domínguez, Eligio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

San Mamede de Grou, Lobios
(Ourense)
- 04/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

México
- 09/07/2007 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Intelectual, escritor e político, 26 anos. Veciño de Casal do Souto, San Mamede de Grou.

Un dos fundadores do Partido Galeguista (PG). Membro das Mocidades Galeguistas de Ourense e de Bande.

Exiliado.

Cando comeza a guerra civil acababa de obter o título de piloto civil na Escola de Aviación, non chegando a exercer.

Sofre unha tentativa de asasinato en Bande por parte dos falanxistas. Prendérono coa intención de pasealo; para que non se levase a cabo este asasinato imputárono nunha causa militar co resultado de sentenza de sobresemento.

Sacárano da Prisión Central de Celanova (Ourense) de novo para asasinalo e un tenente do Corpo de Carabineiros evita a súa morte e axúdao a alistarse na Lexión para salvar a vida. Levaba dous meses na cadea.

Realmente ingresa na Aviación, onde acada o grao de capitán e en febreiro de 1937 incorpórase á Lexión Cóndor. No mes de marzo de 1937 consegue desertar do exército golpista, pásase ás filas republicanas cun avión Breguet 19 en Xibraltar e destinárono á base de San Javier, en Murcia. Os republicanos acusárono de espía, xulgárono e condenárono á pena de morte.

A intervención do aparello galeguista, con Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao á cabeza, consegue suspender esta execución; reábrese o proceso e Eligio acada unha sentenza de absolución. Pasou o resto da contenda en Barcelona a cargo da intendencia da aviación.

Ao remate da guerra civil exíliase en Francia e ingresa no campo de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).

Despois marcha cara o exilio en México, embarcando no buque Ipanema, no que chega a Veracruz (México) o día 13/07/1939. Acadou a nacionalidade mexicana e foi empresario e distribuidor.

Procesado polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultado.

Entre outras obras escribe o libro de memorias Matádeo mañá.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha