← Volver atrás

Rodríguez Fernández, Ricardo

Alcume: Meana
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 19/03/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Castelo de Hartheim
(Alkoven, Austria)
- 07/02/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 26 anos. Veciño de Vigo. Futbolista seleccionado para a Olimpíada Popular de Barcelona.

Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.

Foi tenente de Infantería na 14ª Compañía de Asalto republicana.

Ao remate da guerra civil española pasou a Francia e ingresárono no campo de Argelès-sur-Mer; en xuño de 1939 trasladárono ao campo de Le Vernet d'Ariège, Occitania (Francia).

Cando estoura a II Guerra Mundial residía en Francia.

Preso dos nazis en Bad Fallingbostel stalag XI-B (Baixa Saxonia, Alemaña) e no campo de exterminio de Mauthausen (Austria), ao que chega o día 27/01/1941. Trasladárono ao castelo de Hartheim, onde se rexistra a súa morte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha