← Volver atrás

Rodríguez Leira, Ángel

Alcume: Cariño López
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima da represión

Nacemento:

Cariño
(A Coruña)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Paris
(Francia)
- 01/01/1979 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Percebeiro e mariñeiro, 22 anos. Casado; tiñan un fillo e unha filla: Ángel e Marina. Veciños de Cariño.

Militante da CNT.

Exiliado.

Cando se produce o golpe de Estado recrutárono os sublevados e mandárono á fronte de guerra, onde desertou ao pouco tempo e pasouse ás liñas leais. En marzo de 1939 viuse acurralado, co resto das tropas republicanas, na provincia de Alacante e, con cinco compañeiros, fuxiron nunha barca pequena desde Guardamar del Segura (Alacante) cara Alxeria; neste país internárono no penal de Suzzoni, onde permaneceu ata o ano 1942.

Xa en liberdade, alistárono nas Forces Françaises Libres (FFL) que combatían ao Africa Korps nazi. Co tempo participou no desembarco de Normandía coa 9ª Compañía da 2ª División Blindada francesa e na que formaban moitos outros reepublicanos españois. Sería dos primeiros en entrar en París despois da súa liberación. Acadou o grao de sarxento.

Nunca volveu a España.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha