← Volver atrás

Rodríguez Maceda, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

O Incio
(Lugo)
- 01/01/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Electricista, 41 anos. Casado. Veciño de Santo Estevo de Eirexalba, O Incio. Irmán de Anuncia Rodríguez Maceda, encarcerada e de Ramón Rodríguez Maceda, paseado.

Encarcerado.

A Antonio prendérono o día 11/05/1939 en relación cun tiroteo coa Garda Civil de Monforte de Lemos (Lugo) e de Sarria (Lugo), que tomaban ao asalta a Casa do Inverno.

Na acción represora faleceron a nai de Antonio, Carmen Maceda Macía, e os dous fuxidos que se agochaban na súa casa desde o ano 1937, Enrique de Vigo e Benigno Díaz González. Tamén morreu o tenente da Garda Civil Manuel Castro Lebón. Carmen Maceda finou por mor do estoupido dunha bomba de man.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 14/05/1939.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión, na causa 452/39, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 14/08/1940.

A mesma condena recibiu neste procedemento a súa irmá Anuncia Rodríguez Maceda.

Pena de morte conmutada con posterioridade na comisión de exame de penas de Lugo pola de cadea perpetua.

Trasladado ao cárcere de Oviedo (Principado de Asturias) o día 13/01/1944.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha