← Volver atrás

Rodríguez Neira, Raimundo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1888 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cruz de Maceira, San Tomé de Piñeiro, Marín
(Pontevedra)
- 14/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xastre, músico, político e sindicalista, 48 anos. Casou en Pontevedra en xaneiro de 1912 con Aniceta Cabado. Veciños da rúa Don Filiberto, en Pontevedra. Músico que tocaba o bombardino na Banda Municipal de Pontevedra.

Paseado.

Arrestárono os falanxistas no seu domicilio en Pontevedra o día 13/08/1936 e na súa detención participou o alemán José-Bruno Schweiger Damboech, Capitán Bruno, dirixente das brigadas falanxistas, e outro fascista. Os facciosos sementaron o terror nas primeiras semanas despois do golpe de Estado.

O día 13/08/1936 Schweiger, acompañado do falanxista Alfonso Temes Diéguez, localizou a Raimundo no Bar Capacho, onde residía, e tentaron metelo nun coche, foxe e disparárono, pediu axuda a uns gardas de asalto. Os falanxistas conseguiron prendelo, levárono nun coche e ao día seguinte apareceu o seu cadáver na Cruz de Maceiras cun tiro na caluga; xustificáronse sinalando que tentara fuxir.

Morte rexistrada na Cruz de Maceira por mor dunha intensa hemorraxia producida por disparo de arma de fogo.

Soterrárono no cemiterio de Pontevedra.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha