← Volver atrás

Rodríguez Panjón, Dolores

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

San Sebastián de Devesos, Ortigueira
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Costureira. Casada co mestre e político José Ambrós Gordillo, paseado; tiñan catro fillos. Veciños de Porto do Cabo, San Martiño de Vilarrube, Valdoviño (A Coruña), onde José era mestre.

O seu home era militante da Federación de Traballadores da Ensinanza, da UXT (FETE-UXT) e fora concelleiro e 1º síndico de Valdoviño na corporación de 1936 por Esquerda Republicana (ER), dentro da coalición da Fronte Popular (FP); José desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado de xullo de 1936.

Vítima colateral.

Despois do golpe militar ao seu home separárono do servizo e dérono de baixa na escala de mestres; andou fuxido polo monte, pero diante das presións as que tiñan sometida á súa familia e a quen os acollía, entregouse. Estivo preso en Ortigueira e logo no Plus Ultra, de onde o sacaron para pasealo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha