← Volver atrás

Rodríguez Pereira, María-Luisa

Alcume: a Chinita de Lérez
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada. Denigrada

Nacemento:

Pontevedra
- 01/01/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xastra, 19 anos. Veciña da rúa Socorro, 129, en Pontevedra. Irmá de José Rodríguez Pereira, encarcerado.

Militante das Xuventudes Socialistas (XXSS).

Encarcerada. Denigrada.

Participou na defensa de Pontevedra fronte aos golpistas e acusárona, con outras persoas, de tentar o secuestro das mulleres dos militares para que non se sublevasen os seus homes.

Imputárona en Pontevedra con outras mulleres polo delito de rebelión e co resultado de absolución.

Detida en varias ocasións despois do golpe militar, ingresou na cadea por tres veces; nunha das ocasións tivérona que ingresar nun centro hospitalario polo seu estado de saúde e a terrible perda de peso que sufrira na cadea.

Rapada e aldraxada, a súa nai, Rosalía Pereira, tivo que pagar moitos cartos para salvarlle a vida.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha