← Volver atrás

Rodríguez Rodríguez, Vicente

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Monforte de Lemos
(Lugo)
- 23/02/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Camareiro, 29 anos. Veciño de Barcelona. Tamén traballou como auxiliar de laboratorio en Monforte de Lemos e como cobrador da Compañía de Gas e Electricidade en Barcelona.

Membro da UXT desde 1930 e da Agrupación Socialista (AS) barcelonesa desde 1931.

Detivérono por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 e retivérono 24 horas.

Encarcerado. Exiliado.

Responsable durante a guerra civil de Intendencia no Cuartel Carlos Marx, en Barcelona, e, desde abril de 1938, delegado da Dirección Xeral de Carabineiros na 3ª Brigada Mixta de Carabineiros coa graduación de sarxento.

Pasou a fronteira con Francia o día 10/02/1939 por La Tour de Carol e ingresárono no campo de concentración de Vernet d'Ariège, Mediodía-Pireneos (Francia).

O día 24/05/1939 embarcou no Sinaia e chegou a Veracruz (México) o día 13/06/1939.

Trasladouse a México DF onde traballou de camareiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha