← Volver atrás

Rodríguez Solla, Amador

Alcume: Tarzán
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

San Xurxo de Salceda, Salceda de Caselas
(Pontevedra)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Xurxo de Salceda, Salceda de Caselas
- 01/01/1996 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Zapateiro e gaiteiro, 27 anos. Casado con Filonila Juste Besteiro; tiveron cinco fillos. Veciños de Salceda de Caselas.

Fundador do Gaiteiro do Solla.

Militante do Sindicato de Oficios Varios, da CNT.

Encarcerado. Exiliado.

Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) o día 24/11/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 1173/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Ingresado na cadea en Tui (Pontevedra).

Trasladárono ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 03/07/1937. Participou no intento de fuxida masiva deste penal de 795 presos republicanos; foi o último a quen prenderon, o que ocorre o día 14/08/1938 cando o descobren uns cazadores que o entregan a Garda Civil. Agochárase nunha cova no monte, alimentándose de caracois, ras e herbas.

Concédeselle a prisión atenuada o día 12/08/1940; denegáronlla tempo andado e volveu ingresar en San Cristóbal o día 26/01/1942.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra e volve a obter a prisión atenuada o día 08/08/1942.

Emigrou a Bos Aires (República Arxentina) no ano 1952 e non regresou a San Xurxo ata o ano 1993.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha