← Volver atrás

Rodríguez Vaquero, Baldomero

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Habana
(Cuba)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Garda de asalto, 26 anos. Solteiro. Veciño de Barcelona. A súa nai residía en Monforte de Lemos (Lugo). Irmán de Víctor Rodríguez Vaquero, tamén encarcerado.

Encarcerado.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 24/07/1936.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 549/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do 16/08/1937.

A mesma sentenza recibiu neste xuízo o seu irmán Víctor Rodríguez Vaquero.

Pasou polo cárcere de Monforte de Lemos (Lugo) e reingresárono na cadea de Lugo.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo e concédeselle a prisión atenuada o día 01/06/1941.

Interno na Prisión Provincial de Lugo, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 156 do día 05/06/1941.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha