← Volver atrás

Romero Carreira, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

San Salvador de Solbeira, Paderne de Allariz
(Ourense)
- 01/01/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 16/03/1992 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e intérprete, 24 anos. Casado; tiñan unha filla: María del Pilar. Veciños de San Salvador de Solbeira.

Dirixente da UXT en Ourense.

Exiliado. Encarcerado.

Fixo a guerra na Aviación do exército republicano. Afiliado ao PCE, exerceu de comisario político do V Corpo de Exército do Exército do Centro, V Rexemento de Aceiro.

O Goberno da República enviouno en 1938 á 20ª Escola de Aviación de Kirovabad, Rusia (hoxe Azerbaiyán) para que se preparara como piloto de aviación; alí quedou e combateu contra os alemáns durante a II Guerra Mundial.

Máis tarde recluírono en varios gulags en Rusia; xulgárono os rusos en 1952 por unirse a unha folga de fame.

No ano 1954 rematou repatriado a España no Semíramis, desde o porto de Odesa (Ucraína).

Volveu a Galicia e logo pasou a residir en Madrid, onde traballou de intérprete nunha axencia de viaxes e foi funcionario do Instituto Nacional de Previsión (INP).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha