← Volver atrás

Romero González, José

Alcume: Pepe o Merrello
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Santa Cristina de Lavadores, Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María de Castrelos, Vigo
- 02/02/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Metalúrxico e político, 36 anos. Veciño do barrio de Naia, Santa Cristina de Lavadores.

Fuxido. Executado.

Foxe despois do movemento sedicioso de xullo de 1936. O xuíz militar de Vigo reclamouno por requisitorias de setembro e novembro de 1936.

Procesárono en rebeldía en dúas causas militares que non seguen o seu desenvolvemento por mor do seu pasamento.

Cando se agochaba na casa da súa moza, en Castrelos, delatárono.

Chegaron na súa procura gardas civís e falanxistas; cando tentaba fuxir caeu nunha gabia e alí disparárono.

O seu cadáver conducírono ao cemiterio de Pereiró, en Vigo.

Morte rexistrada en Vigo por mor dunha hemorraxia intra-torácica.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha