← Volver atrás

Romero González, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

San Martiño de Barcia de Mera, Covelo
(Pontevedra)
- 04/04/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Comerciante e político, 32 anos. Veciño de Tui (Pontevedra). Propietario dunha ferretería en Tui.

Militante de Esquerda Republicana (ER) na súa localidade de residencia.

Fuxido.

Formou parte do Comité de Defensa da Repúblicva en Tui do 20 ao 26 de xullo de 1936 e despois do golpe de Estado.

Cando os rebeldes tomaron a cidade foxe ao monte e achegouse á casa familiar dos seus pais en Barcia de Mera. Os franquistas asaltaron e roubaron na súa ferretería. Mantívose en agochos en varios lugares por máis de dez anos.

Procesárono no xulgado militar de Tui en setembro de 1936 na causa 529/36; non se presentou ao xuízo.

Abríronlle un expediente de responsabilidades políticas no ano 1941.

Pasou a Portugal e, semella que en novembro de 1947, embarcou cara México. Chegou a Nuevo Laredo o día 29/03/1948 e adicouse aos negocios.

Co paso do tempo regresou a Vigo (Pontevedra).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha