← Volver atrás

Ron Sánchez, Donato

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Santa María de Lourenza, Lourenzá
(Lugo)
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María de Lourenzá, Lourenzá
(Lugo)
- 01/01/1969 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico, 32 anos. Solteiro. Veciño de Vilanova, Santa María de Lourenzá. Irmán de Francisco Ron Sánchez, fuxido; Pedro Ron Sánchez, fuxido, e de Rosendo Ron Sánchez, tamén fuxido. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e fixo a especialidade de xinecoloxía en Madrid.

Republicano.

Fuxido. Encarcerado.

Despois do golpe militar mantívose en fuga cos seus irmáns durante máis de dous anos.

Acusado polos fascistas, cos seus irmáns, de ser militante da Fronte Popular (FP), amigo de Santiago Casares Quiroga e de pertencer á Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), partido que lideraba o dito político coruñés.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1252/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 21/01/1937.

Condenaron a 15 anos de cadea a José-María Alonso Silverio; declararon fuxidos aos irmáns: Donato Ron Sánchez, Francisco Ron Sánchez, Pedro Ron Sánchez e Rosendo Ron Sánchez.

Capturado e ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 01/05/1939.

Puxérono en liberdade o día 16/05/1939.

Ao remate da guerra civil inhabilitárono tres anos para exercer como médico.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha