← Volver atrás

Ronda, Josefa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada co industrial e político Emilio Martínez Garrido; tiveron tres fillos e dúas fillas: Emilio, Purificación, Fernando, Óscar e Josefina. Veciños da rúa Manuel Núñez, 4-baixo, en Vigo (Pontevedra). Ao seu fillo Emilio Martínez Ronda, procesárono, e a Fernando Martínez Ronda, encarcerárono xunto co seu home na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

O seu home desenvolveu a súa actividade empresarial en Vigo, onde era propietario da funeraria O Óbito.

Emilio era membro da Agrupación Socialista (AS) de Vigo e da UXT; concelleiro de Vigo nos últimos anos vinte. Coa proclamación da II República Emilio elixírono alcalde da cidade, ata que o destituíron as dereitas o día 09/03/1934.

Participou na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, motivo polo que o encarceraron ata o día 24/12/1934.

Co triunfo da Fronte Popular (FP) a Martínez Garrido nomearíano alcalde de Vigo en febreiro de 1936 e formou parte do Comité de Alcaldes que, o día 13/07/1936, presentou o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) diante das Cortes españolas.

Vítima colateral.

Despois do golpe militar a Emilio xulgárono nun consello de guerra sumarísimo o día 20/08/1936 polo delito de traizón, sentenciárono á pena de morte e fusilárono no cemiterio de Pereiró, en Vigo, o día 27 de xullo de 1936.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha