Nacemento:
Morte:
Avogado e político. Casou con María del Pilar Gasalla López. Veciños de Cervantes (Lugo). Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1931. Aprobou as oposicións de secretarios municipais e en 1936 exercía este cargo no Concello de Cervantes.
Durante a II República foi secretario do Partido Republicano Galego (PRG) na súa localidade. Logo converteuse en falanxista.
Represor.
Despois do golpe militar foi secretario do Concello de Becerreá e xefe local de Falanxe.
Cualificárono a el e a toda a súa familia como caciques de sempre na zona, que seguían a exercer esta posición no franquismo.
Segundo varias testemuñas Pascual Rosón adicouse á extorsión de moitas familias da zona valéndose do seu posto de falanxista; na maioría dos casos a presión era sobre de familiares de persoas fuxidas, entre elas a familia Gutiérrez Alba.
Os seus secuaces adicáronse ás confiscacións arbitrarias, brutais agresións, ameazas de morte se non entregaban certas cantidades de diñeiro, multas, malleiras, intentos de violación...
A Garda Civil diante das denuncias de abusos, na maioría dos casos, “deixaba facer”, pero era que os Rosón tiñan demasiado poder na provincia de Lugo.
Todas as acusacións na súa contra foron sobresidas e só remataron cunha sanción de 250 pesetas.
Xubilouse no ano 1980 como secretario da Deputación Provincial de Pontevedra.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.