Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 27 anos. Solteiro. Veciño de San Xurxo de Mogor, Marín. Tripulante do vapor Galdames.
Encarcerado.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) o día 23/10/1937 polo delito de auxilio á rebelión (causa instruída contra a tripulación do Galdames) co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.
Neste proceso enxuizaron e condenaron a 12 anos e un día de cadea a: Ángel Fernández Rama, 29 anos, fogueiro; os mariñeiros José Fernández Rama, 26 anos; Manuel Peiteado Carneiro, 40 anos e Ignacio Ruibal Rosales, 27 anos e o caldeireiro Jesús Sánchez Vázquez, 40 anos. No mesmo proceso ao mariñeiro José Santamaría Fernández, 29 anos, condenárono a 15 anos.
No ano 1938 sofre outra condena a 17 anos de prisión.
Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 16/01/1938. Participou no intento de fuga masiva do día 22/05/1938 e capturárono os requetés o día 23 en Juslapeña.
Pena ordinaria conmutada en marzo de 1940 pola de dous anos de prisión menor e concédeselle a prisión atenuada o día 28/12/1940.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.