← Volver atrás

Sabio Larrosa, Arturo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Bilbao
(Biscaia)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 01/01/1989 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mecánico, 36 anos. Veciño da rúa Estrada de Circunvalación, 103 soto, na Coruña.

Militante e impulsor das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU), do Socorro Rojo Internacional (SRI) e do PCE. Formou parte do Comité de Obreiros Parados.

Fuxido. Encarcerado.

Arturo figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.; fichado e considerado comunista.

Tamén figura, con outros, nun segundo informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.

O alzamento sorprendeuno en Madrid e loitaría no exército republicano na guerra civil.

Despois da derrota da República detivérono en xuño de 1939 e encarcerárono nun campo de concentración.

Regresou á Coruña e prendérono os fascistas o 23/06/1939.

No informe policial aparece manuscrita unha cruz a lapis, o que indica que morrera. Tamén consta a anotación de “Huido”.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha