Nacemento:
Morte:
Labrego, 27 anos. Solteiro. Veciño da rúa Ribeira, 42, en Betanzos.
Dirixente en 1933 do Sindicato de Profesións Varias de Betanzos, da CNT.
Paseado.
Despois do golpe de Estado arrestárono e levárono ao cuartel da Garda Civil de Betanzos.
Morte rexistrada en Filgueira de Traba a causa dunha hemorraxia cerebral.
O seu cadáver apareceu nunha beirarrúa da estrada en Filgueira de Traba. Este é o lugar da súa morte segundo a acta de defunción e non na zona de Ordes (A Coruña) con Felipe Veiga Gómez, como recolle o folleto Betanzos honra a sus mártires. O pasamento de Felipe Veiga ocorreu o día 28 e, aínda que as datas son moi próximas, finaron en lugares distintos.
Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Filgueira de Traba.
O seu sobriño José lembra que ao seu tío fórano buscar os da Garda Civil á noitiña, á súa casa, para levalo a declarar. A súa nai quería prepararlle algún alimento para levar, pero, coma sempre, os gardas dixeron que era por pouco tempo. De primeiras tamén querían levar ao pai de José, pero un veciño, o Jurancho díxolles “ese non é, é o cuñado”. O seu sobriño ía levarlle comida ao cuartel onde o tiñan “ao pé dos cabalos”. Ao terceiro día alguén lle dixo ao rapaz que o seu tío xa non estaba alí; os que lle deron o paseo sacárono do cuartel na noite anterior.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.