← Volver atrás

Salgado Moreira, Emilio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Lugo
- 06/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Toulouse, Occitania
(Francia)
- 21/04/2002 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Pasteleiro, 30 anos. Veciño de Madrid. A súa familia trasladouse a Madrid no ano 1913.

Ingresou no Sindicato de Artes Gráficas da UXT cando era fotograbador. Por mor dun accidente pasou a traballar de pasteleiro e militou no Sindicato das Artes Brancas desde 1920.

Militante da UXT e das Xuventudes Socialistas (XXSS); no ano 1929 sumouse á Agrupación Socialista (AS) de Madrid.

Encarcerado. Exiliado.

Durante a guerra civil pasou por diferentes destinos dentro do exército republicano, Brigada Motorizada, axente da Dirección Xeral de Seguridade e, por último, no Servizo de Información Militar (SIM) do Estado Maior do Exército do Centro.

Ao remate da contenda os golpistas prendérono no porto de Alacante; pasou polos campos de concentración de Los Almendros e Albatera, en Alacante; o día 20/04/1939 ingresárono no cárcere de Orihuela (Alacante) e enviárono a Madrid o seguinte 13 de maio.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Aranjuez (Madrid), o día 23/10/1940, co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada no ano 1941 pola de cadea perpetua.

Preso en Yeserías (Madrid), sae en liberdade condicional no ano 1944 e intégrase nos órganos de goberno do PSOE clandestino, sendo membro da Comisión Executiva en Madrid.

Pasa a Francia e nunha das súas visitas a España préndeno o día 17/08/1947 en Puigcerdá (Xirona) e encarcérano.

Xulgado noutro consello de guerra en Madrid, o día 10/12/1948, co resultado de sentenza a 25 anos de prisión.

Preso en varias institucións penitenciarias, entre elas na Prisión Provincial da Coruña.

No ano 1961 concédeselle a liberdade condicional e exiliase en Francia, onde ocupa altos cargos organizativos no PSOE e na UXT.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha