Nacemento:
Morte:
Obreiro, carpinteiro, empresario, peiteador, almacenista e armador, 28 anos. Veciño de Boiro.
Dirixía a CNT en Boiro.
Fuxido. Encarcerado.
Fixo fronte aos sublevados en Boiro e, despois do triunfo da sublevación militar, fuxiu ao monte.
Agochouse na casa do cura de Cespón, metido no forno; unha noite fuxiu polo monte, pedindo boroa e caldo, ata chegar á casa dun curmán en Lousame (A Coruña), que o escondeu nun tobo de raposo, que tiña nun piñeiro. De noite levábanlle auga, comida, saía a mover as pernas e brincaba cheo de pulgas.
Cando xa non puido máis fuxiu cara o Barbanza. Tiña unha mala escopeta, pasou meses sen tregua; coñecía canta pena ou espesura houbera. Cansado desta vida de fuxida regresou á súa casa e detivérono.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión, na causa 271/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
Este tribunal condenou á pena de morte a: Alejandro Alcalde Tarela e Joaquín Sánchez Patiño; castigaron a cadea perpetua a Juan-María Pereira Martínez.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.
Nos cuarteis de Boiro, Noia e Santiago mazárono para que cantara; senón iría a Boisaca onde lle darían un tiro na caluga e logo tiraríano en calquera cuneta.
No ano 1941 xulgouno o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono.
Estivera no grupo de Benigno Andrade García, Foucellas.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña, con outras persoas, por formar en partidas armadas na causa 329/48.
Nos consellos de guerra salvouno da morte o seu tío Caamaño, que era avogado en Santiago de Compostela.
Pasou anos no presidio vendo como paseaban aos seus amigos. Chegoulle a liberdade.
Unha noite entrou na súa casa Foucellas; deulle cama e comida; viña fuxindo. Tivérono agochado; leváballe as cartas e pasábao nunha barca a Santiago do Carril, Vilagarcía de Arousa, para operar en Pontevedra; volvíao a traer e comía con nós. “Era cojonudo, con pelotas y como una anguila; lo sabía todo y me decía ‘tu tranquilo’. “Logo cazárono e nos papeis saíu o meu nome como enlace. Tentando escapar desde Vigo, déronme o alto e prendéronme. Levei moitas malleiras”.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.