← Volver atrás

Sanjurjo Rodríguez, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1866 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Castelo, San Xián de Osedo, Sada
(A Coruña)
- 26/02/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Político e sindicalista, 70 anos. Veciño da rúa Panadeiras, 41-2º, na Coruña.

Foi un dos fundadores do grupo anarquista Ni Dios ni Amo. Promotor do colectivo La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento en 1897, do que foi o primeiro presidente, e do Centro de Estudos Sociais Germinal en 1902.

Alicerce da Sociedade de Xastres e Xastras La Fraternidad en 1901.

No ano 1906 foi un dos representantes obreiros que asinou coa patronal o primeiro convenio colectivo da Coruña.

Participou case que en todos os actos públicos anticlericais na Coruña. Publicou varios folletos.

Colaborador de Revista Blanca, Germinal e Coruña Moderna.

Encarcerado.

Os franquistas encadeárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) durante a guerra civil.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha