Nacemento:
Morte:
Xornaleiro, 34 anos. Casou en Cuba o día 02/08/1922 con Rosa Domínguez Pérez; tiveron dous fillos e dúas fillas: Jesús, Rosa, María e Manuel. Emigrado en Cuba. No ano 1933 residía en Almacelles (Lleida).
Militante do Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC) desde 1937 e da UXT, á que se afilia no ano 1936. Concelleiro de Almacelles en 1936.
Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.
Foi membro do Comité Revolucionario de Almacelles para facer fronte aos sublevados.
No ano 1939, ao remate da guerra civil, foxe a Francia coa súa familia. O 21 de setembro de 1939 internárono no campo de refuxiados de Septfonds e logo no de Gurs. Mobilizárono na 22ª Compañía de Traballadores Estranxeiros no exército francés.
Capturado polos nazis o día 19/06/1940 en Espinal e encarcerado en Zagan stalag VIII-C (Silesia, Polonia); o día 26/11/1940 ingresárono no campo de Tréveris stalag XII-D (Renania-Palatinado, Alemaña). Trasladado ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria), ao que chega o día 25/01/1941 con outros 774 presos españois. O día 17/02/1941 enviárono ao sub-campo de Gusen, onde se rexistra a súa morte, segundo a versión oficial por mor dun fallo cardíaco; cremárono tres días despois.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.