← Volver atrás

Sanmartín Fernández, Avelina

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestra, 49 anos. Casada co mestre Bernardo Mato Castro o día 10/01/1927 na Estrada (Pontevedra); tiveron dous fillos e dúas fillas: José-Bernardo, David, Otilia e Petronila. Veciños de Teo (A Coruña). O seu home era mestre nacional, perito contable.

Vítima colateral.

Cando se produce o golpe militar os milicianos republicanos, que se repregaban da caída de Santiago de Compostela (A Coruña), pasaron a informalos do estado das cousas. Bernardo decidiu refuxiarse na casa dos seus pais en Godoi, A Estrada, coa súa familia. Interceptados polos falanxistas.

Bernardo recibiu unha malleira na Porta do Sol, na Estrada, por parte dos represores, que o deixaron tirado e inconsciente. Persoas que o acompañaban levárono a unha casa onde o cuidaron uns días, ata que finalmente o trasladaron á casa dos seus pais. Co cranio fracturado pola brutal malleira, quedou en coma, e despois dun mes, morreu o 4 de setembro, ás 11:00 h.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha