Nacemento:
Morte:
Mestre e escritor, 36 anos. Casado; tiñan dous fillos. Veciños de Ribadeo. Fixo a carreira de Maxisterio por libre. Mestre en Madrid, no ano 1922 era empregado da escola labrega Pedro Murías de Ribadeo. En 1923 era director da Fundación Agrícola. No ano 1928 aprobou as oposicións de Maxisterio, pasando a exercer como mestre nacional en San Pedro de Benquerencia, Barreiros (Lugo). No ano 1932 exercía no Instituto de Ribadeo.
Militante da UXT e presidente no ano 1932 da Asociación de Mestres Nacionais do Partido Xudicial de Ribadeo, vencellada á UXT. Secretario da Federación Ribadense, do sector agrario. No ano 1936 participou nos mitins electorais da Fronte Popular (FP). Era republicano, sen afiliación partidaria.
Encarcerado. Depurado.
Despois do golpe dos militares sublevados prendérono.
Ingresado no depósito de Ribadeo o día 23/07/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 07/04/1937 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1435/37, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión segundo resolución do día 11/04/1938.
Tamén pasou polo depósito de Mondoñedo (Lugo).
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo e concédeselle a prisión atenuada o día 12/03/1941.
Interno na Prisión Provincial de Lugo, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 72 do día 13/03/1941.
Inhabilitado para o servizo público, adicouse ao ensino privado e traballou como contable nunha empresa de Guitiriz (Lugo).
Volveu ao ensino traballando nunha academia en Lugo. Reingresou na ensinanza pública no ano 1959.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.
Escribiu, entre outras, “Uno de tantos, cinco años a la sombra” (Edicións do Castro).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.